NOVAS

Novas actividades do Equipo de Educación Vial do Concello de Narón!

Publicado o 05 de Maio de 2014

Charlas informativas, sobre as modificacións da Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial 

A Policía Local de Narón (a través do equipo de Educación Vial) e as ANPAS desenvolverán unha serie de Charlas informativas, sobre as modificacións da Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial (lei que entrará en vigor o vindeiro 9 de maio). Estas conferencias están dirixidas a tódalas persoas que desexen participar (nais, pais, avós, familiares…) e nas mesmas informarase sobre as modificacións desta lei que afectan á vida diaria nas estradas, coma a obriga de levar no vehículo o sistema de retención infantil axeitado para cada pasaxeiro infantil.

Para coñecer os diferentes tipos de cadeiras infantís de automóvil (grupo 0, grupo 1, grupo 2 e grupo 3) e quen deben usalas instalaranse nos colexios de Narón uns Medidores de altura, nos que os nenos/as poderán medirse e informarse sobre ónde e cómo teñen que ir sentados nos vehículos. Tamén poderán usalos as nais e pais, para que saiban en todo momento cómo deben levar ós seus fillos/as.

Próximamente tamén se ofrecerán Charlas dirixidas á 3ª Idade relacionadas con dous temas:

  • A prevención daqueles actos delictivos que se cometen con máis frecuencia
  • Normas e consellos para camiñar con seguridade.

 

O Equipo de Educación Vial do Concello de Narón, participará no Foro Internacional de Seguridade Vial Infantil (FISEVI) que se celebrará na cidade de Montevideo (Uruguay) os días 20 e 21 de maio. Trátase do primeiro encontro deste tipo, que se desenvolverá a través de presentacións e mesas de debate entre gobernos, profesionais da saúde, empresas privadas, ONG’s, educadores e investigadores, todos eles vinculados á Seguridade Vial cun claro enfoque no traballo con e para os nenos.

Os membros do equipo, Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, acudirán a este foro convidados pola Fundación Mapfre para dar a coñecer o programa de Educación Vial que desenvolven en tódolos centros de ensino de Narón. En concreto, desenvolverán unha ponencia baixo o título “Programa de Inspecciones de Seguridad Vial en centros escolares de España: la experiencia de Narón”. Para máis información sobre este foro, pódese consultar a web oficial: www.foroisevi.org