NOVAS

Novo campo de fútbol homologado en Narón: A Estrela (Santa Icía)

Publicado o 02 de Maio de 2013

Xa temos un novo espazo onde xogar ao fútbol "con todas as da lei" no Concello de Narón: o campo de A Estrela, no barrio de Santa Iucía.

A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de anunciar a homologación do campo de fútbol de A Estrela (en Santa Icía) por parte da Federación Galega de Fútbol. Así o clube de fútbol de Santa Icía poderá xogar no seu campo partidos de fútbol oficiais, na categoría de afeccionados.

Como foi posible? Pois grazas ao traballo conxunto entre tres institucións: o clube A Estrela de Santa Icía, a Federación Galega de Fútbol e o noso Padroado de Deportes de Narón.  “Grazas ó esforzo conxunto, acadouse algo tan importante para este barrio coma a homologación do seu campo de fútbol”; lembrou a edil de Deportes de Narón. Natalia Hermida agradeceu á Federación Galega de Fútbol e máis concretamente ó seu delegado comarcal, Manolo Mesa, e ó seu equipo, así coma á directiva do Club A Estrela, o esforzo e a ilusión postos neste obxectivo”.

Cando o estrenamos? O día escollido para que o Club A Estrela dispute o seu primeiro partido é o vindeiro domingo 5 de maio.

Moita sorte!! Alí estaremos, non si?