NOVAS

Novos convenios deportivos co Club Arco Narón e co Club A Fervenza de Fútbol Sala Feminino

Publicado o 07 de Agosto de 2013

Como se vos da o tiro con arco? O fútbol sala? Queredes probar estes deportes?

Pois xa tedes dúas novas entidades deportivas vinculadas ao Concello de Narón na súa promoción: o Club Arco Narón e o Club A Fervenza Fútbol Sala Feminino.

Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, asinaron o pasado 22 de xullo dous convenios de colaboración en materia deportiva con estes clubes.

Por parte do Club Arco Narón acudíu o seu presidente, Anxo Grandal d’Anglade. Esta agrupación deportiva recibirá un total de 12.000 euros anuais. Ademais, poderá facer uso do pavillón da Mocidade de A Gándara (de luns a venres, de 18:00 a 20:00 horas) para a práctica desta especialidade deportiva que tantos éxitos trae ao noso Concello.

O segundo dos acordos foi asinado coa presidenta do Club A Fervenza de Fútbol Sala Feminino, Eulalia Mouriz Cordero. Este club recibirá 5.000 euros de dotación anual, e poderá utilizar o Pavillón de As Lagoas e o Pavillón de Piñeiros durante todo o ano, agás nos meses de xullo e agosto, no horario e días establecidos no convenio.

Queredes saber máis destes clubes? Visitade as súas páxinas webs, onde atoparedes toda a información necesaria para comezar a practicar calquera destas dúas modalidades deportivas, quen sabe? Ti podes ser a nova Iria Grandal do tiro con arco, ou a nova Alba López do fútbol sala...

Web do Club Arco Narón: http://clubarconaron.blogspot.com.es/

Web do Club A Fervenza de Fútbol Sala Feminino: http://afervenzafsf.blogspot.com.es/