NOVAS

O Alcalde clausura o XXVI Certame Intercentros, co cal se contribúe á celebración das Letras Galegas 2015

Publicado o 18 de Maio de 2015

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, clausurou o 15 de maio , no Auditorio Municipal da Praza de Galicia a 26ª edición do Certame Intercentros ‘Concello de Narón’

Cal foi a figura homenaxeada?

Está adicado á Xosé Filgueira Valverde , figura homenaxeada nas Letras Galegas 2015.

Qué centro foi o que organizo o certeme?

O centro organizador foi o IES As Telleiras, que contou co apoio do Concello de Narón.

En qué consistiu o apoio do concello de Narón?

Unha partida de 10.000€ para a realización do certame.

As modalidades premiadas foron as seguintes:

  • Murais
  • Conto e conto ilustrado
  • Poesía
  • Narrativa
  • Cómic
  • Teatro escrito
  • Audiovisual
  • Reportaxe xornalística
  • Expresión oral 
  • Canción en galego

A elevada participación de estudantes de tódolos ciclos formativos (Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Ciclos Formativos) deixou patente que “este certame está máis vivo que nunca”. O Alcalde felicitou ós escolares polos seus traballos e ó profesorado polo apoio prestado nos mesmos.

Para o vindeiro curso 2015/2016, o XXVII Certame Intercentros do Concello de Narón será organizado polo IES Terra de Trasancos.