NOVAS

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asina tres novos convenios en materia deportiva

Publicado o 03 de Xuño de 2013

O Concello de Narón segue promocionando o deporte mediante a firma de convenios de colaboración con diferentes entidades deportivas.

O Concello de Narón segue promocionando o deporte mediante a firma de convenios de colaboración con diferentes entidades deportivas. Desta volta,

Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou tres convenios coas seguintes entidades deportivas naronesas:

  • Agrupación Deportiva Náutico de Narón: acudíu a súa presidenta, Mª José Suárez Sabín. O convenio de colaboración é por un importe de 14.000 €.
  • Club Cidade de Narón de Fútbol Sala: acudíu o seu presidente, Miguel Angel Rodríguez Aneiros. O convenio acada os 50.000 €.
  • Club Tenis de Mesa Cidade de Narón: acudíu o seu presidente, Fernando Montero Bellas. O importe do convenio ascende a: 7.000 €.

 

O Alcalde destacou a importancia de seguir apoiando ao deporte de base dende a administración local, sobre todo nestes momentos de crise económica que vive o país. “Dende o Concello de Narón seguimos e seguiremos apostando pola colaboración coas entidades deportivas, a pesares do enorme esforzo económico que temos que facer nas circunstancias actuais”, declarou José Manuel Blanco.