“a prantación de manzanos realizada o ano pasado deu xa os seus froitos, o que ven a demostrar que industria e medioambiente non están rifados en absoluto. E iso é o que queremos simultanear, o respecto á natureza e a creación de emprego”.
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, participaron na prantación de 45 árbores no exterior da fábrica de Cementos Occidentais, en Castro. Esta iniciativa, na que tamén colaboraron un grupo de 36 alumnos/as de 6º de Primaria do Colexio Santiago Apostol, forma parte dunha campaña de sensibilización medioambiental promovida polo grupo Masaveu, propietario da fábrica de cemento. En concreto, prantáronse magnolios e árbores autóctonas frutais, coma manzanos, perais e nogueiras.
Trátase da segunda vez que se realiza unha prantación de árbores no exterior desta empresa, e tal e como indicou o Alcalde, “a prantación de manzanos realizada o ano pasado deu xa os seus froitos, o que ven a demostrar que industria e medioambiente non están rifados en absoluto. E iso é o que queremos simultanear, o respecto á natureza e a creación de emprego”. O primeiro edil engadiu que “a colaboración entre a empresa privada e as administracións públicas é fundamental para que un municipio avance, e máis cando se amosa a implicación social destas industrias”.
José Manuel Blanco coindicíu coa directora de Comunicación e Relacións Institucionais do Grupo Masaveu, Alicia Castro Masaveu, nas dificultades que están a pasar as empresas debido á situación económica do país. A crise ten afectado tamén á Cementera de Castro, reducindo o seu volume de fabricación e ventas de cemento. “A pesares da difícil situación, logramos manter a totalidade do emprego nesta fábrica” comentou Castro Masaveu. A prantilla de traballadores está formada por 21 persoas fixas, máis outras 50 persoas aproximadamente que traballan en compañías auxiliares.