NOVAS

O Alcalde entrega os diplomas de dous cursos de formación nas especialidades de Cristaleiro e Soldador, cun total de 9 alumnos

Publicado o 21 de Xuño de 2011

O curso de Soldador de Estruturas Metálicas Lixeiras, foi promovido pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, e desenvolveuse no Centro de Formación Irmáns Froilaz (Narón) do 2 de xuño ó 14 de decembro de 2010. O programa do curso dividiuse en catro unidades, cun total de 955 horas de duración, superándoo un total de 4 persoas.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, entregou hoxe os diplomas correspondentes a dous cursos de Cristaleiro e Soldador de Estruturas Metálicas Lixeiras. En total foron 9 alumnos os que superaron con éxito estas ensinanzas.

O curso de Cristaleiro, de 110 horas de duración, estivo organizado polo Concello no marco do programa municipal “Camiño de Emprego”, promovido polo Concello de Narón e desenvolvido do 28 de marzo ó 13 de maio deste ano. As 5 persoas que remataron con éxito este curso aprenderon nocións básicas sobre a preparación do traballo, a colocación do vidrio, o transporte, recepción e almacenamento do mesmo, e os remates e terminación da obra.