NOVAS

O Alcalde ofrece unha recepción a Lidia Mesías, elixida Deportista do Ano na 25ª Gala do Deporte de Narón

Publicado o 08 de Novembro de 2014

Mozos e mozas que amades o deporte! Vaia deportistas que temos en Narón!

O noso Alcalde, José Manuel Blanco, ofreceu unha recepción institucional á xogadora naronesa da Selección Española de Fútbol Sala, Campeona de Liga e Copa e Subcampeona do Mundo Lidia Mesías, elixida Mellor Deportista do Ano na 25ª edición da Gala do Deporte de Narón.

Nesta ocasión Lidia estivo tamén acompañada da Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida. Ambos felicitaron á moza de Narón polos éxitos acadados na súa brilante traxectoria deportiva.

Todo un exemplo no mundo do deporte!