NOVAS

O Alcalde recibe ós alumnos do IES Terra de Trasancos gañadores da Olimpiada Matemática

Publicado o 30 de Xuño de 2014

En Narón gañamos ata as Olimpiadas! Somos do que non hai! Lede, lede...

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado polo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, ofreceron unha recepción ós gañadores na súa categoría do “Rallie Matemático Sen Froiteira” celebrado en maio na localidade francesa de Toulouse.

Como é eso? Trátase dun equipo formado por 7 nen@s de 1º de ESO do IES Terra de Trasancos, con idades comprendidas entre os 12 e os 13 anos, que acudiron á final do campionato en representación de toda Galicia. Este éxito non lles caeu do ceo, requeríu de moito esforzo e sacrificio, resultando fundamental a axuda da súa profesora, Consuelo Castro Vázquez, quen os adiestrou durante dúas horas semanais en horario extraescolar e con exercicios para facer na casa.

Eso si...sen dúbida, os auténticos protagonistas foron os estudantes de Secundaria, que lograron resolver con éxito tódolos problemas de lóxica mental que lles prantexaron, o que os levou a conseguir o trofeo. O Alcalde de Narón felicitoulles por levar o nome do municipio con tanta honra ata Francia, e por ter acadado este excepcional 1º posto na súa categoría.

A súa profesora, Consuelo Castro, tomou a palabra para agradecer ó Concello o seu apoio económico, o que fixo posible terse desprazado ata Toulouse para participar neste campionato europeo. Os responsables municipais entregaron ademáis un obsequio a cada un dos gañadores, dous deles non puideron asistir á recepción, consistente nunha torre de son para escoitar música.

Quen se anima para o ano próximo? Imos?