NOVAS

O alcalde recibiu a semana pasada no salón de plenos a alumnos e alumnas do CPI do Feal

Publicado o 09 de Maio de 2016

Unha vintena de rapaces e rapazas de quinto curso de Primaria de colexio do Feal visitaron a semana pasada o Concello de Narón

Tras coñecer parte da historia do municipio e percorrer algunhas dependencias da Casa Consistorial, o alumnado visitou o salón de plenos, donde se lles amosou unha proxección sobre a localidade e a administración local antes de que os recibise o alcalde, José Manuel BlancoAlgúns dos escolares animáronse a preguntarlle ao rexedor local varias cuestións, maioritariamente relacionadas coas tarefas que realiza un alcalde no Concello.

Os menores, que atenderon ás explicacións sobre o funcionamento da administración local, recibiron un agasallo institucional en recordo da súa estancia no Consistorio.