NOVAS

O Centro Manuela Pérez Sequeiros acollerá a vindeira semana unha xornada sobre “Benestar animal e colonias felinas urbanas”

Publicado o 23 de Xaneiro de 2023

O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, anunciou que o vindeiro sábado, día 28, se celebrará unha nova xornada sobre “Benestar animal e colonias felinas urbanas”.

As persoas que o desexen poderán acudir á convocatoria, que dará comezo ás 11.00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.
Galego, que destacou o éxito da convocatoria que se levou a cabo a finais do pasado ano, participará no evento xunto con persoal do refuxio de animais de Mougá, das asociacións Naróncan e Cometa, e alimentadores das colonias felinas urbanas, tal e como avanzou. No transcurso da xornada repartiranse dispensadores de bolsas de recollida de heces das mascotas.