NOVAS

O Cidade de Narón converteuse no novo campión do grupo A de Primeira Nacional A

Publicado o 03 de Maio de 2011

O equipo da Gándara, que derrotara o sábado ao Avilés por 6-0, garantiuse definitivamente o liderado a final de liga grazas ao tropezo na pista do Azkar Lugo B de O Parrulo, o único rival que lle podía dar caza.

O equipo da Gándara, que derrotara o sábado ao Avilés por 6-0, garantiuse definitivamente o liderado a final de liga grazas ao tropezo na pista do Azkar Lugo B de O Parrulo, o único rival que lle podía dar caza.

O equipo ferrolán perdeu por 6-4 ante o filial do conxunto de División de Honra. O Parrulo adiantouse no marcador, pero viu como o Azkar de Lugo B chegou ao descanso xa cunha vantaxe de 4-1 no marcador. A melloría do segundo tempo permitiu que o bloque de Mario Cabo forzase o 5-4 a falta duns minutos. O técnico apostou pola táctica de porteiro xogador para tratar de darlle a volta ao marcador.

Con todo, Bebeto estampou un dobre penalti no traveseiro a falta de dous minutos. O Cidade foi incapaz de empatar. É máis, nos últimos minutos, e co equipo envorcado sobre a meta lucense, chegou o tanto que valeu o 6-4 definitivo nun contragolpe.

O Parrulo, que viaxou a Lugo coas baixas de Pana e Pablo Igrexas, xogou con Chotto, Yago, Bebeto, Jacobo, Josito -quinteto inicial-, Vituco e Deivi.

Anotaron os goles do equipo ferrolán en Lugo Josito, Deivi, Bebeto e Jacobo.

O Cidade de Narón suma 59 puntos, fronte aos 52 do Noia e os 51 de O Parrulo. Tanto o equipo barbancés como o ferrolán teñen dous partidos por diante, polo que xa non poden dar caza ao líder.

Substitución no primeiro posto

O equipo naronés sucede como campión a O Parrulo, que a pasada liga renunciou a disputar a fase de ascenso tras o sorteo e que este ano pode terminar segundo. Pese ao título do seu grupo, o Cidade de Narón deberá afrontar agora a definitiva fase de ascenso. O conxunto da Gándara suma 19 triunfos, dous empates e seis derrotas na liga regular. O próximo fin de semana descansa e pechará a liga en casa ante o Coruxo.