NOVAS

O Club de Golf Campomar acolle esta fin de semana o "XI Torneo de golf Cidade de Narón"

Publicado o 27 de Outubro de 2016

O edil de Deportes, Román Romero, presentou onte a undécima edición do “Torneo de golf Cidade de Narón” acompañado polo secretario e o xestor de campo do Club de Golf Campomar, Francisco Alarcón e Jorge Lage, respectivamente.

  • Días do torneo: 28 e 29 de outubro.
  • Lugar: Campo do Club de Golf Campomar, lugar de Vilacornelle, na parroquia do Val.
  • Inscripcións: Ata o 28 de outubro antes do inicio das probas (sempre que existan vacantes).
  • Onde apuntarse:

Páxina web: http://clubcampomar.com (cubrindo o formulario)
Presencialmente: Instalacións do Club.
Por teléfono: 981-453-910 // 663-123-398

O inicio do torneo dará comezo o día 28 ás 15:00 horas e na xornada do día 29 pola mañá iniciarase ás 09:30 e pola tarde ás 14:30.

Este torneo está dirixido a persoas federadas, e a modalidade elexida será a de xogo «Stableford» (por puntos, en vez de por golpes), haberá 2 categorías con 3 premios por cada unha delas.

A entrega dos premios será o sábado día 29, sobre as 20.00 horas, nas instalacións do clube naronés, estando tamén previsto un sorteo de material deportivo. Antes do remate do evento servirase un cóctel para participantes e acompañantes.

Indicarvos que xa hai confirmada a asistencia de persoas procedentes de Santiago, Miño, Lugo, A Coruña e da zona de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Só faltas tí, así que...anímate e inscríbete antes que se rematen as prazas!!