Os usuarios tamén poderán obter información a través do teléfono da Oficina de Turismo (626 379 280) e do correo electrónico turismo@naron.es
O Concello de Narón abre a Oficina Municipal de Turismo, ubicada no parque fluvial do rio Freixeiro. Este servizo público estará aberto tódolos días, ata o vindeiro 15 de setembro, no seguinte horario:
- De luns a venres: de 10:00 a 13:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas.
- Fins de semana e festivos: de 10:00 a 13:00 horas.
Os usuarios tamén poderán obter información a través do teléfono da Oficina de Turismo (626 379 280) e do correo electrónico turismo@naron.es
Ademáis, na páxina web de turismo do Concello de Narón (www.turnaron.es) atópanse contidos actualizados sobre aspectos turísticos do municipio, e a través dun canle de chat que incorpora esta páxina pódese falar en tempo real coa Oficina de Turismo para formular consultas relacionadas con este tema.