O Concello de Narón abre o dia 5 de maio o prazo de inscripción para participar nos Campamentos Deportivos 2011 organizados pola Deputación Provincial de A Coruña, do 3 ó 30 de xullo, e dirixidos a rapaces e rapazas de 9 a 13 anos.

Os interesados en participar poderán obter información no Rexistro Xeral do Concello, nas oficiñas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, e na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Pero as instancias debidamente cubertas deberán presentarse unicamente no Rexistro Xeral do Concello. O prazo para facelo é do 5 de maio ó 4 de xuño.
Hai disponibles un total de 15 prazas, que se corresponden coa 1ª quenda destos campamentos, a desenvolver do 3 ó 9 de xullo. Os deportes ofertados son o golf, a vela de cruceiro, o tenis, e o voleipraia. No caso de rexistrarse máis solicitudes que prazas existentes, a adxudicación das prazas realizarase mediante sorteo público.
O aloxamento para os participantes será no Colexio Calvo Sotelo da Coruña, e a cota de inscrición está fixada en 85€. Neste prezo inclúese o transporte de ida e volta, a estadía e manutención na residencia, e tódolo gasto que ocasionen as actividades programadas.