O Concello de Narón abre hoxe, día 8, o prazo de solicitude de axudas para o transporte de estudantes universitarios ás Escolas ou Facultades da Universidade da Coruña, no Campus da Coruña durante o presente curso académico.
Poderán solicitalas as persoas que cumpran os requerimentos establecidos ata o vindeiro 29 de outubro a través da Sede Electrónica do Concello, do Rexistro municipal - de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas - ou mediante os medios previstos no artículo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, tal e como recordou a edil de Ensino, Mercedes Taibo.
A través destas axudas, indicou, subvenciónase o desprazamento diario dos veciños e veciñas de Narón matriculados en Escolas ou Facultades da UDC no campus da Coruña. As subvencións contemplan a bonificación, indicou, do 50% do importe do billete ou tarifa oficial en vigor desde Narón ata A Coruña entre este ano e xuño de 2019.
Máis información: http://www.naron.es/web/cat/gal/axudas-e-subvencions