NOVAS

O Concello abre o prazo de inscrición para participar no V Concurso de Fotografía Turística ‘Cidade de Narón’

Publicado o 01 de Decembro de 2014

A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, presentou hoxe en rolda de prensa o 5º Concurso de Fotografía Turística ‘Concello de Narón’ cuxo prazo de inscrición estará aberto do 1 ó 15 de decembro de 2014 (no Rexistro Xeral do Concello).

A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, presentou hoxe en rolda de prensa o 5º Concurso de Fotografía Turística ‘Concello de Narón’ cuxo prazo de inscrición estará aberto do 1 ó 15 de decembro de 2014 (no Rexistro Xeral do Concello).

A principal novidade desta quinta edición do Concurso de Fotografía Turística é o modo de presentación das fotos por parte dos participantes. Este ano non haberá que traelas impresas en papel, senón que será suficiente con presentar un CD coas imaxes concursantes. Os aspirantes poderán presentar ata 3 fotografías nun sobre xunto co pseudónimo e o título de cada unha, e terán que ser lugares facilmente identificables posto que o obxectivo principal deste concurso é promocionar a riqueza paisaxística e natural do municipio, tal e como recordou a Concelleira de Turismo.

Haberá tres galardóns en metálico, de 750€ (1º premio), 300€ (2º premio) e 150€ (3º premio) e ademáis se seleccionarán 12 fotografías que formarán parte do Calendario do 2015, que o Concello de Narón entregará gratuitamente -no Rexistro Municipal e na delegación de Turismo- entre os veciños que o soliciten. 

O xurado estará composto polas seguintes persoas:

-José Pardo (fotoxornalista de ‘La Voz de Galicia’).

-Kiko Delgado (fotoxornalista de ‘El Correo Gallego’).

-Jesús G. Taboada (propietario do Estudio F 64).

-María Luaces (responsable de Prensa do Concello).

-María Rodríguez Porto (Concelleira de Turismo).

   
Documento Tamaño
Bases Concurso de Fotografia 2014.pdf 134.79 KB