A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, deu a coñecer os actos cos que se conmemorará o Día das Bibliotecas.
A programación comeza o venres 19 de outubro na Casa da Mocidade ás 20 horas cun concertó a cargo de MJ Pérez. O sábado, 20 de outubro, instalarase unha carpa na Praza de Galicia na que se desenvolverán numerosas actividades en horario de mañá e tarde. A convocatoria inclúe varias propostas dirixidas á cidadanía en xeral, polo que desde o Concello animaron ás veciñas e veciños, independentemente da súa idade, a implicarse nos obradoiros e gozar dos espectáculos previstos.
Ás 11.00 horas abrirase a biblioteca da carpa. A partir das 12 horas dará comezo un espectáculo dirixido a bebés, Vai de bechos, e ás 13h horas outro para o público infantil, O pucheiro da señora Emilia, ambos a cargo de Charo Pita. A carpa permanecerá aberta ata as 14.00 horas.
Pola tarde retomarase a programación a partir das 17 horas, cun concerto da Banda do garaxe e a reapertura da Biblioteca na carpa. Ás 18 horas terá lugar o obradoiro Debuxo paso a paso co artista Leandro Lamas. A Biblioteca instalada provisionalmente na Praza de Galicia pechará ás 20 horas e o centro localizado na rúa 25 de Xullo non abrirá as súas portas o sábado, tal e como recordou a edil de Bibliotecas. “A sala de adultos e a infantil estarán pechadas e poderase atopar material da biblioteca na Praza de Galicia, se ben as devolucións poden facerse a través do buzón localizado na porta da Biblioteca municipal”, explicou Taibo.
Consulta o cartel do evento no arquivo adxunto que aparece a continuación.
Documento | Tamaño |
---|---|
Cartel_Biblioteca_pdf.pdf | 554.87 KB |