NOVAS

O Concello acolleu a presentación do XXIV Rallye de Narón que se celebrará os días 10, 11 e 12 de xuño

Publicado o 19 de Maio de 2011

O Concello de Narón acolleu a presentación do XXIV Rallye de Narón, organizado pola escudería Siroco Team Narón en colaboración co Concello de Narón, e os concellos de As Pontes, A Capela, As Somozas e San Sadurniño.

O Concello de Narón acolleu a presentación do XXIV Rallye de Narón, organizado pola escudería Siroco Team Narón en colaboración co Concello de Narón, e os concellos de As Pontes, A Capela, As Somozas e San Sadurniño.

O campionato deportivo, que este ano alcanza a súa 24º edición, se celebrará os días 10, 11 e 12 de xuño deste ano, coa presenza aproximada de 140 pilotos. O presidente da escudería, Antonio Sueiras, destacou a dificultade de organizar o evento neste ano “debido á crisis económica, que tamén afecta ó deporte”.

Pola súa banda, o Alcalde de Narón felicitou ós organizadores “por ser capaces de organizar este campionato durante 24 anos consecutivos, e por ter acadado o máximo nivel na proba”, declarou. José Manuel Blanco apostou por manter a celebración do Rallye de Narón no tempo “pola importancia e o recoñecemento que ten, e tamén polos beneficios que xenera no comercio, no turismo e na hostelería”, comentou o rexedor, ó tempo que pedíu “prudencia ó público, e que se cumplan as normas previstas pola organización, porque o importante deste evento é poder disfrutalo pero con seguridade”, concluíu.