O Concello de Narón asinou dous convenios de colaboración co Clube Golf Campomar e o Club Cidade de Narón de Fútbol Sala. Ambos acordos terán vixencia durante o presente ano, e en conxunto suman 111.000 euros, do orzamento total destinado a convenios con entidades deportivas no Orzamento Municipal do 2011, que ascende a 450.000€.

O Clube Golf Campomar recibirá 25.000€ para a realización dun programa de actividades escolares, que está a ter unha grande acollida tamén polos pais e nais dos aprendices de golfistas. “A Escola de Golf de nenos está a funcionar moi ben, xa que ademáis de ter ós nenos aprendendo, son os pais e nais os que tamén van practicando mentres esperan polos seus fillos”; declarou Luis Sierra, presidente do Clube Golf Campomar.
Pola súa banda, o presidente do Clube Cidade de Narón de Fútbol Sala, Miguel Rodríguez Aneiros, lembrou que esta agrupación deportiva “naceu para ser un clube que levase o nome de Narón polo mundo adiante. E dende o primeiro momento, tivemos o apoio incondicional do Concello de Narón nesta singladura”, declarou. Rodríguez Aneiros agarda “poñer o clube na división de prata do Fútbol Sala neste ano, algo que sería imposible sen o respaldo do Concello de Narón e da Concellería de Deportes”, engadíu.
O Clube Cidade de Narón de Fútbol Sala ten un convenio co Concello por importe de 86.000€.
A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, agradeceu a ambas entidades deportivas o traballo que veñen realizando e “o orgullo que supón para nós que leven Narón fora de Galicia. Dende o Concello os animamos a que sigan a traballar nesta liña”, concluíu a edila.