O Concello asina oito convenios de colaboración con entidades de carácter social e cultural
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou oito convenios de colaboración con entidades de carácter social e cultural, para o desenvolvemento de actividades e programas. En conxunto, a inversión municipal para estas actuacións ascende a 94.100€, repartidos entre os seguintes colectivos:
- Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña (5.000€).
- Asociación de Xordos de Ferrol (1.100€).
- Asociación de Pais de Nenos con problemas psicosociais ASPANEPS (9.000€).
- Asociación Dignidade Ferrol (1.000€).
- Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol (15.000€).
- Fundación Santo Hospital de Caridade (4.000€).
- Asociación Sociocultural de Minusválidos (55.000€).
- ONG Lena (4.000€).
Logo de asinar os convenios, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, declarou que o Concello “tivo que facer moitos números porque as aportacións do Estado e da Xunta de Galicia ós concellos reducíronse, polo que nos tamén tivemos que facer o mesmo, dándolle prioridade ás entidades sociais”, declarou.
O rexedor agradeceu ás asociacións “o traballo que facedes día a día cos vosos usuarios, que repercute en beneficio de tódolos veciños e veciñas de Narón” e confiou en “continuar participando e axudándovos” en anos sucesivos.