NOVAS

O Concello celebrará este sábado o Día dos usuarios das bibliotecas distinguindo aos dez “Usuarios de Honra 2017”

Publicado o 13 de Xaneiro de 2017

Día do usuario e usuaria das bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro.

Biblioteca municipal de Narón distinguirá este sábado a dez “Usuarios de Honra 2017”, nas categorías de Infantil e Adultos. Así o anunciou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que indicou que a convocatoria responde á celebración do Día do usuario e usuaria das bibliotecasque se conmemora cada 11 de xaneiro.

O alcalde, José Manuel Blanco, presidirá este acto, que dará comezo ás 11:30 horas na planta baixa das instalacións da Biblioteca municipal, no Alto do Castiñeiro (rúa 25 de Xullo). Con esta distinción, que se leva a cabo desde hai catro anos, recoñécese a un grupo de usuarios e usuarias que destacaron “pola súa especial implicación coa biblioteca durante o ano anterior, neste caso o 2016, tal e como apuntou Taibo.

A edil naronesa avanzou que:

  1. Na categoría Infantil, de ata 15 anos, recibirán a distinción: Adrián Muíño Dacal, Sophie Airado Nunes, Mouhamadou Laye Niang, Candela Cabezón Barro e Lovette Diatta Diatta. 
  2. Na modalidade de Adultos, os “Usuarios de Honra 2017” son: Margarita Silvosa Iglesias, Andrés Martínez Riveira, Rosa Montero Ferro, Carlos Noche Golpe e Patricia Alcaraz Guitián.

O alcalde e a edil de Bibliotecas recibirán aos Usuarios de Honra nas citadas instalacións e entregaranlles un diploma acreditativo e un agasallo durante o transcurso do acto.

A Concelleira de Bibliotecas destacou a excelente acollida que ten entre a veciñanza este servizo, desde o que se programan múltiples actividades ao longo do ano. Na actualidade, a Biblioteca municipal de Narón conta con 16.405 usuarios inscritos.