NOVAS

O Concello colabora coa Asociación Xuvenil Croio no envío de material de axuda para os refuxiados sirios

Publicado o 14 de Abril de 2016

O Concello de Narón colaborará coa Asociación Xuvenil Croio no envío de material para axudar aos refuxiados sirios, sumándose así á campaña impulsada pola ONG Alhambra Internacional en varios municipios galegos.

Así o anunciou o edil de Servizos, Ibán Santalla, desde cuxa concellería porá a disposición da asociación un camión para levar o material desde a nave de Servizos do Concello –na estrada de Cedeira- ata o Complexo deportivo Lalín Arena, en Pontevedra. O presidente de Croio, Iván López, e David Corral, responsable da asociación, realizarán hoxe a viaxe, que partirá ás 16.00 horas da nave de Servizos.

Nesta ocasión o colectivo doará material de protección e pernoctación, un dos que se solicitaba como prioritario para axudar aos milleiros de persoas refuxiadas. David Corral indicou que se acordou entregar unhas quince tendas de campaña e trinta e cinco sacos de durmir, material que os socios de Croio empregaban nas súas saídas pero que actualmente non utilizan.

Así mesmo, desde o Concello recordouse que hoxe pola tarde se recollerá entre as 15.00 e as 16.00 horas na nave de Servizos de Narón calquera doazón que se realice no marco desta iniciativa para colaborar coa campaña, ao dispoñer de espazo para poder levar máis produtos.

Pódense doar, ademais de sacos de durmir ou tendas de campaña:

  1. Produtos infantísleite, biberóns, tetinas e respiradores.
  2. Comida enlatadapreferiblemente que non sexa carne de porco.
  3. Material de ortopediamuletas, cadeiras de rodas, etc.
  4. Todo tipo de produtos de hixiene e aseo.

 

 

Concello de Narón comunicou o pasado mes de setembro á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a súa intención de colaborar na coordinación de recursos de axuda para os refuxiados sirios, poñendo á súa disposición máis de sesenta prazas de aloxamento nas instalacións do camping Río Xuvia, en Pedroso, e do albergue de Aldea Nova, en Sedes.

 

 

 

Agardamos a vosa colaboración.