NOVAS

O Concello colabora coa Deputación da Coruña na convocatoria dun curso de Montaxe de mobles e elementos de carpintería

Publicado o 24 de Xaneiro de 2023

O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá o vindeiro mes de febreiro un curso de Montaxe de mobles e elementos de carpintería impulsado a través da Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local para persoas en situación de desemprego.
 

O Concello de Narón colabora con esta formación poñendo a disposición as citadas instalacións municipais para o seu desenvolvemento. 
O alumnado que remate o curso obterá un Certificado de profesionalidade en Montaxe de Mobles e elementos de carpintería de nivel 2, emitido pola Xunta de Galicia e con vixencia en todo o territorio estatal. As prazas son limitadas e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do número de teléfono 886 212 131 ou do correo electrónico: magnafor@magnafor.es.
A maiores de ofrecer unha titulación oficial, prácticas en empresas e opción a bolsa esta formación conta tamén cunha serie de módulos complementarios, como ecodeseño, economía circular, restauración de mobles e emprendemento para pequenas empresas do rural, así como visitas a empresas e feiras, complementando ao seu contido e ofrecendo unha formación moi completa ao alumnado. A inscrición é de balde e diríxese a persoas desempregadas que cumpran os requisitos establecidos no proxecto, que terán dereito a percibir unha axuda económica baixo o concepto de estímulo e motivación para a participación nos itinerarios de inserción laboral.
Para acceder a máis información pódese consultar o enlace: https://www.magnafor.es/convocatorias-abiertas/montaje-de-muebles-y-ele….