NOVAS

O Concello contará co Circuito de Educación Vial, un stand de Turismo e un Xinete de Honra en Equiocio 2014

Publicado o 31 de Marzo de 2014

O Concello de Narón reforzará neste ano a súa colaboración co evento deportivo e lúdico Equiocio 2014

participando de xeito activo a través do Programa Municipal de Educación Vial, un stand de Turismo, e a presenza dun Xinete de Honra. Os detalles desta colaboración foron presentados a pasada semana en rolda de prensa polas concelleiras de Deportes e Mocidade, Natalia Hermida, e Turismo, María Rodríguez Porto.

Así, o Concello de Narón este ano quere facer partícipes ás familias que acudan a Equiocio do programa de Educación Vial “Aprende Pedaleando”, promovido pola Concellería de Tráfico, dirixida por Guillermo Sánchez Fojo. Como xa sabedes este programa municipal se ven desenvolvendo dende o ano 2008 ofrecéndovos educación vial no centro escolar. Este programa foi recoñecido fora de Galicia co premio "Ponle freno 2010" na categoría Junior, otorgado pola Fundación Mapfre en colaboración con Antena 3, un premio para o compromiso do Concello de Narón coa educación viaria da mocidade!

Lembrades? Trátase dun circuito de educación vial no que se aprenden as normas básicas de tráfico, disfrutando desta actividade educativa que tantos resultados positivos ten acadado.

Este mesmo circuito que percorre os centros de ensino de Narón, instalarase en Equiocio para servir de escaparate dun modelo formativo en educación vial. Este circuito contara con varios monitores para dirixir e ensinar ós nenos e nenas que queiran participar nel.

Ollo! Non vai quedar aí a nosa presenza neste certame, o Concello de Narón vai ter o seu propio stand de turismo para dar a coñecer o noso patrimonio, as nosas tradicions, os eventos culturais, deportivos e sociais...temos moito que amosar!

Temos máis! En EquiOcio 2014 contarase coa presenza do estilista naronés Antonio Calvo, que será nomeado Xinete de Honra do Concello de Narón. A persoa que representará a este municipio é un profesional recoñecido a nivel nacional, que ten acadado dous premios Fígaro 2013 e está nominado ó premio ó Mellor Peluqueiro do Ano polo Club Fígaro.

Tamén, coma ven sendo consume nos últimos anos, dende o Concello se enviarán entradas ós colexios para os estudantes de Primaria.

Haberá que ir dar unha voltiña, non si?