O orzamento total destos tres programas de emprego ascende a 350.000 euros. A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia aportou 250.000 € e o Concello financia os 100.000 € restantes ata chegar ó total.
A Concellería de Formación Laboral e Emprego, dirixida por Mª del Mar Gómez, ven de iniciar tres programas de emprego cofinanciados pola Xunta de Galicia, que supoñen a contratación de 19 persoas ata agora desempregadas. Estos programas de emprego iniciáronse o pasado 15 de xuño e teñen unha duración de 6 meses. Son os seguintes:
- Programa de mantemento de beirarrúas e pequenas obras. Supón a contratación de oficiais albaneis e axudantes.
- Programa de Protección Civil. Contratáronse operarios, un chofer e un encargado para realizar diversas actuacións nesta materia.
- Programa de mantemento e conservación de zonas verdes municipais e espazos naturais protexidos, coma o río Xuvia. Traballan aquí un enxeñeiro técnico, un capataz forestal e seis operarios forestais
O orzamento total destos tres programas de emprego ascende a 350.000 euros. A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia aportou 250.000 € e o Concello financia os 100.000 € restantes ata chegar ó total.
Este programa é unha das accións que se están a desenvolver dende o Concello de Narón para reducir o desemprego no municipio, e supón para a administración municipal un forte esforzo na incorporación de políticas activas de emprego.