NOVAS

O Concello de Narón asina un convenio de colaboración co Club Narón Volea para o fomento do Voleibol na cidade

Publicado o 21 de Abril de 2015

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club Voleibol Narón-Volea, Plácido Vicente Armada Peña, asinaron un convenio de colaboración para a coordinación e promoción de actividades relacionadas con esta disciplina deportiva. Na sinatura tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida.

Cando se asinou este convenio? O 21 de abril de 2015.

Que se pretende conseguir con este acordo?

A través deste acordo, o Club obrígase a fomentar e potenciar a práctica do Voleibol dende as categorías Base ata a categoría Senior, sendo o encargado da realización, coordinación, promoción e desenvolvemento de calquera actividade relacionada co mesmo. 

Cando se extinguirá o convenio?

O convenio ten unha vixencia anual (estará vixente ata o 31 de decembro de 2015).

Canto diñeiro poderá utilizar o club, gracias ao convenio, para a realización das actividades?

O club percibirá unha achega de 6.000 € para a realización das actividades relacionadas co Voleibol.