NOVAS

O Concello de Narón desmárcase da Feira de Oportunidades organizada por FIMO ó non corresponderse co convenio asinado con Ferrol e AECOFE

Publicado o 04 de Maio de 2011

O Concello de Narón desmárcase da Feira de Oportunidades organizada por FIMO ó non corresponderse co convenio asinado con Ferrol e AECOFE

O Concello de Narón non participa como tal na I Feira de Oportunidades organizada por FIMO e que se celebra os días 7 e 8 de maio no recinto feiral de Punta Arnela, baixo o patrocinio inicial dos concellos de Ferrol e Narón. Esta feira debería terse organizado segundo o acordo de colaboración asinado en Narón, o 26 de xaneiro de 2010, entre ambas administracións e a Asociación de Empresarias da Comarca de Ferrol (AECOFE). Pero a realidade é que esa feira non se corresponde co 2º Outlet de Ferrolterra, tería que ser organizado por AECOFE no marco deste convenio.

Dende o Concello naronés lémbrase que a organización desta feira debería correr a cargo de AECOFE, tal e como se fixo nunha primeira edición (en virtude dun convenio asinado o 4 de abril de 2008 entre o Concello de Narón e AECOFE). Sin embargo, os responsables da mesma está a ser o equipo directivo de FIMO, que está a contratar a tódolos proveedores que suministrarán os elementos necesarios para o acondicionamento da feira, sen ofrecer información algunha a AECOFE.

Outro dos aspectos vulnerados é a gratuidade na participación por parte dos comerciantes. Na primeira edición da feira, aqueles comerciantes que participaron o fixeron de xeito gratuito pero os que queiran participar nesta segunda edición deben abonar unha cuota de inscripción, outra cuota polos metros cuadrados de chan que ocupen, pola moqueta, e o stand modular, ademáis doutras tarifas para vehículos, motocicletas, motos de auga, bicicletas e barcos en venta.

Ademáis, o público tamén terá que pagar unha entrada neste 2º Oulet de Ferrolterra, que debería ser gratuito para comerciantes e visitantes. Por todo, o Concello de Narón non considera que este outlet sexa unha segunda edición do celebrado no 2009 no pavillón polideportivo Campo da Serra, en Santa Icía.