NOVAS

O Concello de Narón firma os novos convenios coas entidades deportivas para o 2013

Publicado o 07 de Maio de 2013

O Concello aposta de novo polo deporte local e polas nosas entidades.

Esta forte aposta vese reflexada na firma de 4 convenios de colaboración en materia deportiva con clubes de diferentes disciplinas, cun valor total de 96000 euros que servirán de axuda para a promoción do karate, do baloncesto e do fútbol.

O Alcalde de Narón formalizou estes acordos o pasado día 29 de abril. Trátase de acordos para que as entidades continúen impulsando o deporte base, en palabras de José Manuel Blanco: "O Concello segue a apostar polo fomento das disciplinas deportivas, e aínda que os convenios téñense reducido respecto ó ano anterior, debido á situación económica, son cantidades importantes ", destacando por outra banda "esforzo económico que fai o Concello por continuar nesta senda".

As entidades que asinaron os convenios foron as seguintes:

  1. Sociedade deportiva O Val, por un total de 30000 euros.
  2. Agrupación Deportiva Santiago Apostol, por un total de 22000 euros.
  3. Escola Superior de Karate, por un total de 9000 euros.
  4. Club Narón Balompé Piñeiros, por un total de 35000 euros