As Concelleiras de Deportes e Turismo de Narón, Natalia Hermida e María Rodríguez Porto
presentaron hoxe en rolda de prensa a colaboración que levará a cabo o Concello de Narón no XVIII salón do cabalo "Equiocio 2015". Xa está aquí a edición do 2015!
Cando se vai celebrar? A vindeira semana, do 2 ao 5 de abril.
Onde? No Concello de Ferrol, no Recinto Feiral de Punta Arnela, na Malata.
Nesta XVII edición de Equiocio, o Concello de Narón terá representación nos ámbitos deportivo e turístico:
- Circuito de Educación Vial: Contará con 4 monitores, co seguinte horario de 11 a 13:30 e de 17 a 23 horas, no que os nenos e nenas, poderán coñecer de cerca as normas básicas de circulación viaria
- Trofeo "Cidade de Narón": Xoves día 2
- Nomeamento de Amazona de Honra do Concello de Narón: recaerá na atleta Claudia Rojo, elexida Mellor Deportista de Narón do ano 2014
- Exhibición de bailes de salón a cargo do "Club Deportivo Narón".
En canto ao Turismo, o Concello de Narón estará presente:
- Stand institucional sobre a Romaría da O: localizado entrada do pavillón principal. Neste espazo poderase contemplar unha colección de fotos antigas de dita romaría, correspondentes ós séculos XIX e XX. Ademáis, estará exposto o estandarte dos roscos de pan, e os visitantes incluso poderán disfrutar da presenza do burro Anselmo, que é o encargado de tirar do carro que leva os roscos na romaría.
Ademais o Concello colabora repartindo 5.000 entradas nos colexios públicos e concertados de Narón, ata 4º da ESO: 2 entradas por cada escolar, que as poderán utilizar as súas familias (xa que eles non pagan, ó ser menores de 16 anos).