NOVAS

O Concello de Narón recibe o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Publicado o 09 de Maio de 2014

Non paramos de recoller premios no Concello!

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recolleu o pasado sábado 3 de maio en Pontevedra o Premio AELG “Institucións 2014” outorgado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. 

Que se recoñece con este premio? Algo que a xente de Narón xa sabe dende hai tempo! A calidade da Programación anual de Teatro de Narón deseñada polo Padroado de Cultura do Concello de Narón. O director do Padroado, Luciano Fernández, acompañou ó Alcalde a recoller o galardón, entregado no transcurso da “Gala das Letras” celebrada no Teatro Principal de Pontevedra.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destacou nesta gala a aquelas entidades que contribuíron á divulgación da lingua e cultura galegas, a través do apoio ó teatro galego, que por extensión significa o respaldo á normalización da cultura e a lingua galega.

Narón "mola"! Naroneamos en galego?