NOVAS

O Concello demanda á Xunta máis prazas escolares dado que a oferta supera á demanda en moitos deles

Publicado o 26 de Maio de 2011

A realidade que preocupa ás familias de Narón, maniféstase pola incapacidade da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, para dar resposta ás necesidades de prazas escolares que este Concello ten dende hai varios anos.

A Concellería de Educación do Concello de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, quere transmitir ás familias -sobre todo das zonas de O Alto, A Gándara, A Solaina e Piñeiros- unha mensaxe de apoio ante a escasez de prazas escolares nalgúns centros de ensino de Narón.

A realidade que preocupa ás familias de Narón, maniféstase pola incapacidade da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, para dar resposta ás necesidades de prazas escolares que este Concello ten dende hai varios anos.

Nos datos aportados no último Consello Escolar Municipal (celebrado o pasado 26 de abril) xa se evidenciou que no vindeiro curso 2011-2012 se repetía a problemática de falla de prazas nos centros escolares de A Solaina, A Gándara e, Santiago Apóstol, aínda que había algún outro problema menor en outras zonas.

A propia Inspección de Zona presente nese Consello Escolar reconoceu que, sorprendentemente, Narón mantiña unha taxa en aumento da demografía infantil. Neste Consello Escolar, a Concelleira de Educación, Mª del Carmen Espada, sinalou que Narón xa ten demandado dende o curso académico 2004-2005, un novo centro escolar para estas zonas referidas, ó ser o epicentro urbano de crecemento de Narón.

Posteriormente, o pasado día 3 de maio o Alcalde, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Educación, reuníronse co Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación para trasladarlle a situación da escolarización en Narón. Nese encontró manifestáronse ó responsable da Xunta a necesidade de dar unha resposta urxente ás familias cuxos fillos e fillas quedan fóra das prazas dispoñibles nos centros escolares.

Actualmente, medio centenar de nenos están excluídos pola Consellería de Educación do seu dereito a escolarizarse no centro elixido coma primeira opción. A Concelleira de Ensino de Narón, Mª del Carmen Espada considera ó

respecto que non é lóxico someter ás familias ano tras ano á incertidumbre de esperar 4 meses logo de rematar o período de matrícula, para poder organizar
a súa vida laboral e familiar, co risco de que lle asinen praza nun colexio  a máis de 3 kilómetros do seu enderezo familiar.

Tanto a Inspección de Zona como o Secretario Xeral da Consellería de Educación transmitiron ao Alcalde e a Concelleira de Educación, a dispoñibilidade da Xunta de Galicia para resolver no prazo máis breve posible esta situación.

Non obstante, a Concelleira de Ensino entregará mañá un escrito na Inspección de Zona urxindo a reunión da Comisión de Escolarización de Narón, para que se poda dar unha resposta inmediata coa solución que se instrumente dende esta comisión.

Sabendo que esta é unha solución de urxencia, nesta nova etapa institucional o Concello será inflexible como se lle transmitíu á Xunta de Galicia, para que cumpra coa cidadanía de Narón a súa obriga de creación de prazas escolares onde a lei así o establece. Recordándolle así á Xunta que a construcción de centros é competencia autonómica en función do número de habitantes en idade de escolarización obrigatoria.

A Concellería de Ensino de Narón quere recordar á cidadanía que ten ofertados á Xunta de Galicia terreos municipais para a ampliación ou construcción de Centros Escolares, e así lle deu traslado ao Secretario Xeral da Consellería de Educación mostrándolle a súa disposición para establecer convenios de colaboración.

Nas próximas semanas o Concello de Narón facilitará publicamente ás familias afectadas a información que chegue da Xunta sobre a evolución destas demandas do goberno municipal. Dende o Concello se reitera o apoio ás posibles movilizacións que as familias poidan organizar como medida de presión para requerir da Xunta a solución deste problema.