O Concello e Aldea Nova editan unha guía ornitolóxica sobre as aves que habitan o parque temático de Sedes
O Concello de Narón e a entidade que xestiona o Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova, acaban de editar 1.000 exemplares dunha guía sobre Aves do contorno do Parque Aldea Nova e do Río Xuvia, que hoxe foi presentada en rolda de prensa.
A nova publicación foi elaborada por biólogos e ornitólogos da empresa Terranova –quen xestiona o parque Aldea Nova- e recolle un primeiro achegamento ó inventario de patrimonio biolóxico que se realiza en Narón, de maneira estacional. A guía irase completando sucesivamente, pero esta primeira edición servirá xa para realizar estudios de impacto ambiental e aproveitamentos didácticos para escolas.