O Concello e a asociación de Economía Social Briante asinaron un convenio de colaboración para desenvolver diferentes tipos de actividades
- desenvolvemento de actividades de orientación laboral
- iniciativas de apoio ao pequeno comercio
- accións de apoio e promoción de emprendedores/as de Narón, especialmente autónomos/as.
- proxectos cooperativos
- Desenvolvemento de programas de microemprendemento con xóvenes no eido da cultura.
O acordo estará vixente durante este ano 2012, e suporá unha achega de 2.000€ por parte do Concello a esta entidade.
Esta asociación ten a súa orixe no Instituto Terra de Trasancos e nela colaboran mestres/as, técnicos/as de emprego e educadores/as de toda a bisbarra. Pero non están sós nesta aventura, contan coa axuda de diversos empresario/as da zona e manteñen contacto con moitas entidades cooperativas e asociacións sensibles á creación de emprego.
Seguramente vos interese saber que no seu portal web dispoñen dunha bolsa de emprego, actualizada habitualmente, no que máis do 40% das ofertas pertencen ao noso concello.
Se vos interesa coñecer un pouco máis esta iniciativa ou botarlle un ollo ás ofertas de emprego, esta é a súa web: