NOVAS

O Concello e a Asociación Xuvenil Croio plantarán máis dun centenar de árbores no paseo marítimo de Xuvia

Publicado o 09 de Abril de 2015

O Concello de Narón, en colaboración coa asociación xuvenil Croio, levarán unha plantación de árbores ao longo do paseo marítimo de Xuvia.

Cando se levará a cabo a actividade?

O próximo sábado 11 de abril (de 10:30 a 12:30 horas)

Quén participará?

Na actividade participarán o concello e a asociación xuvenil e ademaís o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Medio, Manuel Ramos, membros de Croio e os alumnos/as do CRA de Domirón (de 3º de Infantil) e do CEIP Ponte de Xuvia (de 5º de Primario).

Que árbores se plantarán?

 

  • Liquidambar.
  • Bidueiros.
  • Cancereixo dos cazadores.
  • Castiñeiros.
  • Carballos.
  • Loureiro portugués.
  • Callistemo.