José Manuel Blanco
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da asociación xuvenil de tempo libre Croio, David Corral, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de protección do medio ambiente.
En concreto, o acordo permitirá a recuperación das beiras do río Xuvia, por parte dos mozos e mozas que forman parte da asociación, e tratando de sumar ó maior número de mocidade posible. Ademáis, preténdese axudar á recuperación do bosque e das especies autóctonas, e paliar así a degradación medioambiental.
Así, a asociación Croio levará a cabo o seguinte programa de actividades:
- Campaña de “Aniñamento”: os mozos/as socios/as de Croio fabricarán medio cento de caixas aniñadeiras, para paxaros de pequeño tamaño, colocándoas nas zonas de fraga autóctona do municipio.
- Sementado e prantación de árbores: realizarase un sementado de semillas de árbores de pouca presenza en Narón (coma gniko, acacia amarela, acacia de tres espiñas, choiva de ouro, cornello de frol, arbore do coral, aciñeiras, sobreiras, castiñeiro de indidas, magonlios, palmeira canaria, e piñeiro marítimo) levando a cabo unha prantación posterior, unha vez acaden un tamaño axeitado, en zonas axardinadas onde teñan cabida.
- Inventario de árbores singulares de Narón: Croio manterá o intentario de árbores singulares de Narón, recollendo as posíbeis variacións que poidera haber.
- Limpeza popular das beiras do río Xuvia: limparanse as beiras do río, implicando á cidadanía na mesma e na conservación do medio ambiente, e promovendo a concienciación social na correcta xestión dos resíduos sólidos urbáns.
O Concello comprométese a financiar o proxecto de actividades cunha achega de 2.000€, durante este ano 2012