Deportistas! Amantes do fútbol sala! Siareiros e siareiras do Cidade! Temos novidades!
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club Cidade de Narón de Fútbol Sala, Ramón Padín, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia deportiva.
O acordo ten unha vixencia anual (do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2015) e a través do mesmo o Club recibirá do Concello unha achega de 70.000 € para o desenvolvemento da actividade deportiva do fútbol sala en tódolos niveis.
Asimesmo, poderá utilizar as instalacións do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara (incluída a sala de musculación) e o Pavillón Campo da Serra de Santa Icía.