NOVAS

O Concello e o Clube Narón Balompé Piñeiros firman un convenio de colaboración

Publicado o 19 de Outubro de 2012

O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e o presidente do Club Narón Balompé Piñeiros, Fausto Eduardo Rivera González, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre o Concello de Narón e o Club Narón Balompé Piñeiros, para a coordinación e promoción de actividades relacionadas co fútbol.

 

Este acordo terá a duración duna ano, dende Xaneiro a Decembro do 2012, o clube poderá utilizar o Estadio Municipal de Rio Seco e o campo anexo ó mesmo, e o Campo de Fútbol de O Cadaval, para os entrenamentos e partidos do clube.

Aqueles mozos e mozas que queirades xogar ao fútbol neste clube de Narón, podedes atopar toda a información necesaria para inscribirvos na súa web: www.naronbalompe.es