NOVAS

O Concello edita unha guía de turismo para dar a coñecer o patrimonio histórico e natural do municipio

Publicado o 23 de Maio de 2011

A guía confeccionouse en tamaño de 21 x 15 centímetros e consta de 64 páxinas nas que se recolle a historia do municipio, e aspectos industriais, comerciais e turísticos de Narón. Ademáis, inclúe recomendacións sobre cómo chegar e un directorio cos servizos, o ocio e a cultura.

O Concello de Narón ven de editar 10.000 exemplares da guía de turismo “ Narón para os teus ollos” , que hoxe foi presentada en rolda de prensa polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Turismo, José Luis Suárez. A publicación foi realizada en colaboración coa Deputación da Coruña.

A guía confeccionouse en tamaño de 21 x 15 centímetros e consta de 64 páxinas nas que se recolle a historia do municipio, e aspectos industriais, comerciais e turísticos de Narón. Ademáis, inclúe recomendacións sobre cómo chegar e un directorio cos servizos, o ocio e a cultura.

“Narón para os teus ollos” distribuirase na Oficiña Municipal de Turismo a partires do mes de xullo, de xeito gratuito.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, lembrou que este municipio “ten un patrimonio histórico importante, formado por mámoas, pazos, muiños e mosteiros de grande relevancia, pero tamén temos un patrimonio natural digno de destacar”, dixo. Por iso, o rexedor abogou por “darlle un novo pulo ó turismo, uníndonos entre os concellos a nivel comarcal con proxectos como o da senda litoral, que unirá Ferrol, Narón e Valdoviño pola costa, nun paseo de 12 kilómetros de lonxitude”; asegurou.

José Manuel Blanco apostou por “promocionar o turismo histórico e de natureza” do que dispón o municipio naronés, e que está presente nesta guía.