NOVAS

O Concello inicia una campaña navideña de recollida de bicicletas usadas, para reparalas e doalas ó Centro de Recursos Solidarios

Publicado o 26 de Novembro de 2014

O equipo de Educación Vial do Concello de Narón (formado por Pedro Caneiro e Simón Cabarcos) ven de poñer en marcha, por terceiro ano consecutivo, a campaña “A túa vella bici vale un sorriso”.

Trátase dunha iniciativa solidaria, pola cal os nenos/as poden doar a bicicleta que teñan na casa e que xa non usen (por estar vella ou ben por quedarlles pequena).

O equipo de Educación Vial encargarase de arranxalas e poñelas nas mellores condicións posibles, para facer que esas bicicletas que xa non se utilizan, sexan o agasallo de Nadal dalgún neno ou nena de Narón. Unha vez que estean reparadas, se entregarán ó Centro de Recursos Solidarios, que serán quen xestione o reparto.

Cando podedes doar a vosa bici? A doazón das bicicletas pode facerse nos Centros Escolares de Narón en horario lectivo ata o 19 de decembro ou ben no Concello en horario de mañá (de 8:30 a 13:30 horas) ata o día 23 de decembro.