O Concello de Narón organizará, con motivo do Día Internacional dos Arquivos, unha Xornada de Portas Abertas na que se poderá visitar o Arquivo Municipal de Narón, ubicado no sótano do Concello. As visitas deberán ser concertadas previamente no enderezo a.pena@naron.es ou ben no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1007).

A Xornada de Portas Abertas estará dirixida polo historiador municipal Andrés Pena, técnico en Historia, Arquivo e Arqueoloxía. Se desenvolverán en grupos de 5 persoas, establecéndose unha duración de 20 minutos por cada visita, e se realizarán entre as 11 e as 13 horas do xoves dia 9 de xuño.
O historiador municipal estará acompañado nestas visitas polo Concelleiro de Patrimonio en funcións, Jose Luis Suárez. Os participantes terán a oportunidade de coñecer os fondos documentais do Concello, formados por libros, folletos e reproduccións de documentos antigos. Tamén poderán contemplar na sala de investigadores do Arquivo Municipal, unha pequena exposición na que se detallará o antes e o despois da creación do Concello de Narón e a visión da historia deste municipio.
Horario de visitas: (imprescindible inscribirse previamente)
- De 11 a 11:20 horas.
- De 11:20 a 11:40 horas.
- De 11:40 a 12:00 horas.
- De 12:00 a 12:20 horas.
- De 12:20 a 12:40 horas.
- De 12:40 a 13:00 horas.