O Concello ven de poñer á venda as entradas para asistir ó ballet ‘El Cascanueces’producido pola compañía Concerlírica. Este espectáculo se celebrará o domingo 4 de xaneiro ás 19:00 horas no Pazo da Cultura, cunha duración de 2 horas e 10 minutos (con descanso incluído).
As entradas poden mercarse nas billeteiras do Pazo da Cultura, ó prezo de 22€ para o público en xeral, e 15,40€ para abonados, usuarios de carné xove ou estudante (ata 25 anos) e desempregados.
Baseado no conto de Hoffman " O Crebanoces e o rei dos ratos ", este ballet ten libreto de Marius Petipa, música de Tchaikovsky e coreografía de Lev Ivanov.
Dividido en dous actos e tres escenas, foi estreado o 5 de Decembro de 1892 no Teatro Mariinsky de San Petesburgo. O argumento conta a historia de dous irmáns, Clara e Fritz. O padriño de Clara regálalle a esta, por Nadal, varios regalos. Un deles un Crebanoces que traerá consigo un mundo máxico no que todo crece e cobra vida.
A obra converteuse no máis popular de todos os ballets nos países occidentais e, debido á súa trama, é representado principalmente en Nadal.