NOVAS

O Concello programa dúas actividades infantís para dar a coñecer ó autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014, Xose María Díaz Castro

Publicado o 05 de Maio de 2014

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón

(dependente da Concellería de Ensino, que dirixe Mª del Carmen Espada) ven de organizar dúas actividades para dar a coñecer ós máis pequenos a figura de Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014.

Ambas iniciativas celebraranse o luns 12 de maio na  Biblioteca Municipal de Narón, en horario de tarde e con entrada libreÉ preciso reservar praza a partires do luns 5 de maio ás 16:00 horas, na propia Biblioteca ou ven no teléfono 981 38 21 73. 

As actividades programadas son as seguintes:

  • Contacontos “O neno e a estrela” (de 18:00 a 18:30 horas)
  • Obradoiro “Renova a camisola” (de 19:00 a 20:30 horas)

 

A narración oral “O neno e a estrela” está dirixida a nenos/as de 3 a 6 anos, e recolle as aventuras e trasnadas do pequeño Díaz Castro a partir de motivos recorrentes na súa obra Nimbos. Ademáis presenta o contorno natural e patrimonial onde transcorreu a infancia do poeta.

A actividade “Renova a camisola con Díaz Castro” consiste nun obradoiro de pintura e creatividade literaria sobre camisolas, dirixido ó alumnado de entre 7 e 12 anos. Para esta actividade, pídese ós participantes que traian unha camisola vella, para reciclala. Non obstante, disporase de camisolas para facilitalas a aqueles rapaces e rapazas que non dispoñan de ningunha axeitada para esta actividade.

   
Documento Tamaño
Cartel Letras Galegas 2014.pdf 443.91 KB