NOVAS

O Concello realiza dous vídeos con usuarios da Biblioteca para dar a coñecer as súas instalacións

Publicado o 27 de Outubro de 2014

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca, o pasado venres a Concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada

presentou dous vídeos realizados no Obradoiro de Audiovisuais (que tivo lugar na Biblioteca do Alto os días 11 e 18 de outubro e dos que xa vos falamos en Dameuntoke: http://www.dameuntoke.es/novas/obradoiros-audiovisuais-na-bilblioteca-do-alto). 

Os vídeos están protagonizados por nen@s e persoas adultas, usuari@s da Biblioteca Municipal do Alto, e teñen como obxectivo dar a coñecer este espazo e invitar a toda a xente a disfrutar dos servizos que esta ofrece. Queredes ver estas creacións? Pois lles podedes botar un ollo aquí mesmo:

 

  • O primeiro vídeo está protagonizado por 21 nen@s con idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos. A película os presenta bailando ó son da canción “Toc-toc” de Pablo Díaz, mentres percorren todas as plantas, ensinando as diferentes dependencias deste lugar.
  • Este segundo vídeo conta coa participación de 9 persoas adultas. Para realizalo empregouse a técnica de animación "stop-motion" que emprega imaxes fixas sucesivas para dar sensación de movemento. Nesta película aplícase a técnica a obxectos e tamén ás persoas, que actúan como actores e actrices na historia.