NOVAS

O Concello realiza obras de reposición do pavimento en diferentes rúas do municipio para proceder á sua mellora

Publicado o 03 de Maio de 2011

Os traballos, xa concluidos, foron realizados pola empresa José Martiñán e hijos, e agora tan só resta realizar o pintado do firme, unha vez que estea seco o asfalto. Tamén foi renovado o asfalto da rúa Rosal, no barrio do Alto, e a renovación do firme da posta polideportiva de Santa Icía, por valor de 18.000€.

A Concellería de Obras e Vias Públicas de Narón, dirixida polo edil Angel Perfecto Castro, iniciou a pasada semana unha serie de obras de reparación do firme de varias vías do municipio. Así, actuouse na renovación do aglomerado das rúas Irmandade (Xuvia) e Linares Rivas (A Gándara), con cargo ó Plan de Inversión Municipal, cunha inversión de 60.000 euros.

Os traballos, xa concluidos, foron realizados pola empresa José Martiñán e hijos, e agora tan só resta realizar o pintado do firme, unha vez que estea seco o asfalto. Tamén foi renovado o asfalto da rúa Rosal, no barrio do Alto, e a renovación do firme da posta polideportiva de Santa Icía, por valor de 18.000€.

Tamén foron realizadas obras de renovación do firme nos seis cruces da rúa  Cardenal Cisneros (Santa Icía), e está previsto que continúe a 3ª fase das obras neste barrio en vindeiros días, realizadas pola empresa Saavedra e López e incluidas nunha partida de 180.000 € de fondos municipais.