Ese acordo establecía a financiación necesaria para traer neste verán a 5 nenos procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, no Sáhara, que están a vivir con familias de acollida durante estos meses de xullo e agosto.
O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e a Concelleira de Acción Social, Catalina García, ofreceron unha recepción institucional ós 3 nenos e 2 nenas que participan no programa ‘Vacacións en Paz’, promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, con quen o Concello ten un convenio de colaboración.
Ese acordo establecía a financiación necesaria para traer neste verán a 5 nenos procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, no Sáhara, que están a vivir con familias de acollida durante estos meses de xullo e agosto.
O Alcalde de Narón e a Concelleira de Acción Social obsequiaron ós nenos e nenas homenaxeados con material escolar e adicáronlles unhas palabras de benvida, desexándolles unha feliz estancia no municipio de Narón. O rexedor explicou ás familias de acollida que o Concello fai un esforzo económico importante por seguir colaborando con este programa, e que a pesares de que debido á crise tívose que reducir lixeiramente o convenio coa asociación promotora desta causa, a intención é continuar co programa e no ano 2012 aumentar a aportación.
A este respecto, a Concelleira de Acción Social, Catalina García, lembrou que o Concello de Narón leva 15 anos colaborando e facendo realidade o programa de ‘Vacacións en Paz’ que permite ós menores “disfrutar do noso país e da nosa cultura, e poder acceder ó noso sistema sanitario”. García agradeceu tamén ás familias de acollida “a súa adicación ós nenos e o sentimento especial que teñen cara a eles”.