NOVAS

O Concello recibe a visita de alumn@s do CEIP de Piñeiros

Publicado o 27 de Abril de 2015

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu o 23  de abril no Salón de Plenos a un grupo de alumnos/as de 5º de Educación Primaria do CEIP de Piñeiros, que se desprazaron ó Concello para coñecer o funcionamento da administración local.

Que fixeron os alumnos de 5º de Primaria? Percorreron os diferentes departamentos, coma o Arquivo Municipal, a Policía Local e o Rexistro Xeral.

Fixeron preguntas? Os alumnos tiveron a oportunidade de facer preguntas sobre diversos aspectos relacionados coa cidade e tamén co Concello.

Como acabou a visita? Os estudantes completaron a visita co visionado dun audiovisual sobre os servizos que presta a administración municipal, e visitaron unha planta do Concello (neste caso o Servizo Sociocomunitario Municipal).

Visitou algún grupo máis o Concello? Si, ao día seguinte foron os alumn@s de 6º de Primaria do CEIP de Piñeiros.