NOVAS

O Concello recoñeceu aos dez “Usuarios de honra 2015” da Biblioteca Municipal

Publicado o 21 de Xaneiro de 2016

Día do Usuario das Bibliotecas

O pasao día 16 celebrouse o acto programado polo Concello para celebrar o Día do Usuario das Bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro. Á convocatoria asistiron o Alcalde, José Manuel Blanco e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo.

Por terceiro ano consecutivo, o goberno local procedeu a nomear a dez persoas como “Usuarios de honra, ás que se lles fixo entrega dun diploma acreditativo.

O acto desenvolveuse na sección Infantil da Biblioteca Municipal do Alto –na planta baixa- ás 12.30 horas.

Nesta ocasión, na categoría ata catorce anos obtiveron o diploma:

 

  • Nerea López Camba
  • Lucía Hurtado Fontao
  • Inés Mosquera Martínez
  • Hugo Calvo Mauriz
  • Marco Calvo Mauriz.

 

Na modalidade de adultos os recoñecementos son para:

 

  • Dora Pereiro Grandal
  • Ana María Puentes López
  • Ana López Freire
  • Roberto Pantín Rodríguez
  • Jonatan León Barrul.

 

Cal é o obxectivo deste recoñecemento? A concelleira da área explicou que con estas distincións se pretende recoñecer “a especial vinculación destas persoas e a súa participación nas actividades desenvolvidas na Biblioteca Municipal durante o ano 2015”. Mercedes Taibo agradeceu tamén ao resto de socios e usuarios da Biblioteca a súa implicación nas diferentes convocatorias que se suceden ao longo do ano nas bibliotecas municipais.