NOVAS

O Concello solicita á Xunta a financiación para desenvolver o Programa Integrado de Emprego

Publicado o 13 de Xullo de 2011

A Concellería de Formación Laboral e Emprego, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ven de solicitar á Xunta de Galicia unha subvención para desenvolver un Programa Integrado de Emprego durante un ano. 

A Concellería de Formación Laboral e Emprego, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ven de solicitar á Xunta de Galicia unha subvención para desenvolver un Programa Integrado de Emprego durante un ano.

Este programa contempla a contratación de tres orientadores laborais, que traballarán cunha selección de 100 desempregados –a unha proporción de 33 parados por cada profesional- na búsqueda da súa inserción profesional. Para iso, analizarán as necesidades do mercado empresarial e orientarán ós demandantes cara ós postos de traballo que máis se asemellen ó seu perfil. Con este método de traballo agárdase lograr un mínimo de 40 empregos.

Desenvolver este Programa Integrado de Emprego ten un coste total de 182.871 €, dos que o Concello aportará aproximadamente o 25% (46.287€) e a subvención solicitada á Xunta ascende a 136.583€.

Por outra banda, o Concello está a ultimar o programa municipal Camiño de Emprego II, que ofrecerá entre 30 e 200  horas de formación, a máis de douscentos desempregados/as. Este programa, do que se informará en próximas datas, suporá unha inversión municipal de 60.000 €.