NOVAS

O luns 13 ábrese o prazo para inscribirse no Curso de Carnizaría dentro do programa "MOCIFOR 2015"

Publicado o 10 de Abril de 2015

A Concellería de Mocidade de Narón abre o prazo de inscrición para participar no programa "MOCIFOR 2015", dirixido á mocidade desempregada do noso concello.

A Concellería de Mocidade de Narón abre o prazo de inscrición para participar no programa "MOCIFOR 2015", dirixido á mocidade desempregada do noso concello.

Quen pode participar? Mozos e mozas desempregados do Concello de Narón de entre 18 e 35 anos.

Cando se poden presentar as solicitudes? As solicitudes presentaranse do 13 ao 17 de abril do 2015.

Onde se presentan? No Rexistro Xeral do Concello de Narón, de 8:30 a 13:30

Que se necesita para presentar a solicitude? A solicitude que engadimos a nova e fotocopias cotexadas da tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar).

Cantas prazas se ofertan? O curso terà unha duración de 400 horas. Este curso desenvolverase no Centro Municipal de Formación de A Gándara (con prácticas en empresas) do 27 de abril ó 17 de agosto, de luns a venres (5 h ó día).

Cantos alumnos e alumnas poden participar e como se van seleccionar? Poden participar 15 alumn@s que van ser seleccionados según a orde de inscrición.

Onde se pode pedir máis información? No Servizo de Información Sociocomunitario:

  • Ángel Álvarez: Teléfono 981 337 700 ext. 2602
  • Ángela Lagoa: Teléfono 981 337 700 ext. 1123
  • Mercedes Sánchez (Mame): Teléfono 981 337 700 ext. 1103

Descarga a documentación necesaria para realizar a inscrición

   
Documento Tamaño
SOC17_Mocifor_2015.pdf 190.25 KB